ROCKaBELA 2014
Festival Musical en memoria do actor Bela Lugosi
Venres 2 de maio, ás 23:00 horas, no Centro Social Fuscalho
Víctor Fuggetto / A Guarda
O vindeiro venres 2 de maio, a partir das 23:00 h., terá lugar no Centro Social Fuscalho da Guarda o Festival ROCKaBELA 2014, unha pequena homenaxe musical ó célebre actor de cine de terror Bela Lugosi.
Contará coas actuacións en directo da banda local de surf instrumental "Santos Morcegos!!!" - presentando o seu último disco "Raios e Centolas" - e os vascos "Flesh for Cannibals", de xira por Galiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario