1º DE MAIO, DÍA DA CLASE OBREIRA, ADICADO A JOSÉ DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD ARMÁN
Cando ainda leva pouco
tempo funcionando e as súas carencias son moitas, o MOVEMENTO SINDICAL 1º DE MAIO, vai celebrar esta data, rindindo
unha homenaxe, a unha persoa que o longo do tempo, demostrou a honestidade e
esforzo, dando o mellor de si para conquerir novas metas para os traballadores
do Baixo Miño en xeral, e de A Guarda en particular, dende unha das centrais
sindicais máis significativas da nosa comarca.
Tralo acordo levado a cabo
na súa derradeira xuntanza, por maioría dos séus componentes, o MOVEMENTO 1º DE MAIO, acordou adicar esta
data emblemática a JOSE DE LA SANTÍSIMA
TRINIDAD ARMÁN, xa que consideraron que era un traballador que o longo da
súa vida activa, destacou participando na creación e posta en marcha de CC.OO.
cando embarcarse nesa idea, conlevaba a incomprensión e o aillamento de moitos
veciños, pero co seu tesón colaborou a que anos despois poideran dispor dun
local en condicións para levar adiante a información e asesoría dos
traballadores, deixando atrás o ter que subir a sede inicial con lámparas de
camping para ter iluminación e caldeiros
para recoller a auga que entraba entre as tellas e “lavaba” o local cada vez
que chovía.
Este acto, vai celebrarse
o vindeiro 1º de maio, as 12 da mañán no local da Casa dos Alonso, na Praza do
Reló
Por medio destas liñas, o Movemento Sindical 1º de Maio, quer
invitar a tódolos/as sindicalistas, traballadores, amigos/as e veciños/as de A
Guarda para que celebren e festexen este
día internacional do traballo, así como participar na homenaxe ao esforzo
aportado ao colectivo sindical, por este bó e xeneroso veciño do Baixo Miño.
Este acto, que
consideramos breve en canto a duración pero intenso no significado, terá a
participación do Presidente deste Colectivo, abrindo o acto, a continuación, facendo
unha semblanza do homenaxeado, Ricardo Rodríguez Vicente, e unha intervención
musical, a cargo de Fran Estévez e José Manuel González Peniza.
Dende o Movemento Sindical 1º de Maio, queremos
agradecer o Concello por facilitarnos o local, a Adegas Xesteiro por aportar o
viño que se servirá o remate do acto e a Invernadeiros Toxal polo seu aporte en
flores.
A Guarda a 29 de abril do 2.014
Eloi Gómez Mariño
Presidente
(R.)
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario