OS PREFERENTISTAS DO BAIXO MIÑO AGRADECEN A SÚA MENCIÓN AO AUTOR DO TESTAMENTO NO ENTERRO DO BACALHAU DE TUI
A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño quere agradecer ao autor do testamento do Bacallau enterrado onte domingo en Tui, a mención tanto da plataforma coma dos sendos portavoces.
Grazas a sairmos neste Testamento, as veciñas e veciños de Tui, lembraron nun dia de troula que os afectados, por desgraza, aínda segue activa na rúa, pois aínda quedan 35.000 galegas e galegos por recuperar o 100% dos seus aforros, e a súa vez, están sendo reprimidos con sancións administrativas que alcalzan xa preto de 16.000€.
Dende a plataforma animamos a que a sociedade non se limite a levar as súas protestas, a traversos de sátiras no Entroido, senón que tamén acheguen as súas protestas ás Institucións Públicas (Congreso dos Deputados, Parlamento de Galiza, Deputacións e Concellos), pois é aí donde se poden esixir e acadar as solucións dos nosos problemas.
Así pois damos a coñecer a que este martes 11, afectados de Galiza estarán concentrados diante do Parlamento Galego, esixindo a devolución do 100% dos nosos aforros, polo tanto, todas aquelas persoas que queiran vir a apoiar a nosa xusta loita estaremos concentrados dende ás 12:00 até as 14:00 h.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario