EXEMPLOS DE MALAS PRÁCTICAS
Fotografías: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Cando o miolo - ou á incultura e a insensibilidade -, non da para máis, o ser humán convírtese no máis eficiente xerador de lixo que hai baixo as estrelas. Iso, nalgún tempo podería se cadra, sendo benévolos, ter algunha xustificación, máis hoxendía non.
A Guarda, por si alguén ainda non o sabe, conta con un recinto chamado Punto Limpo, que é onde se deben levar certos trebellos (por exemplo electrodomésticos), que xa non cumplen coa súa función.
Os medicamentos caducados ou que xa non necesarios, deben levarse o Punto SIGRE. Nas farmacias de todo o Estado - máis de 21.000 - dispoñen de un Punto SIGRE, que e onde se deben depositar os medicamentos que viñamos empregando e que xa non necesitamos. Bota-los en calquer outro lugar, ademáis de demostrar un nulo respecto polo Medio Ambente natural, supón unha infracción, que pode reportarlle a quen á comete, unha sanción económica.
Os restos de podas e outros refugallos vexetais, non deberan botarse en calquer lugar. Se queremos comportarnos cívicamente, e non dar unha imaxe pouco positiva, debemos evitar leva-los a calquer lugar, onde nos pete, e termos en conta que mesmo podemos producir compost, coa ventaxe que conleva emprega-lo como abono.
Desde Infogauda suxerimos que o Concello de A Guarda promova o uso de composteiros domésticos, que con seguridade van ter resultados moi positivos para todos.
De calquer xeito consideramos que as imaxes que lles amosamos, demostran que ademáis de termos algúns veciños moi pouco cívicos, hai tamén algúns representantes públicos que semellan non preocuparse polo que acontece nalgunhas áreas da súa competencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario