8 de nov. de 2013

GONDOMAR

TERTULIA do IEM con Antón Masa Vázquez: “O sector vitivinícola galego: historia e actualidade”.

                              Antón Masa nas Tertulias do IEM

Este venres, 8 de novembro de 2013, TERTULIA do IEM co especialista en xenética da vide, Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia). O faladoiro leva por título " O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade", e será presentado polo botánico, Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario