10 de out. de 2013

PONTEVEDRA

O PAZO PROVINCIAL ACOLLE HOXE O ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS PROVINCIAIS DE INVESTIGACIÓN, Á CULTURA E NOVOS VALORES

No caso dos Premios Provinciais á Cultura, o xurado recoñeceu a traxectoria artística do ponteareán Silverio Rivas Alonso, escultor de recoñecido prestixio que ten obras expostas nos museos máis importantes non só de Galicia senón tamén de fóra das nosas fronteiras.
A Asociación Cultural e Xuvenil A Eira foi a merecedora do galardón ao proxecto cultural máis innovador e vangardista, e recibirá un premio de 3.000 euros por desenvolver un programa sociocultural interxeracional e interdisciplinar no que implica a todos os colectivos sociais e culturais.
Outros 3.000 euros recibirá o Concello de Cuntis polo seu labor de recuperación e dinamización do xacemento arqueolóxico de Castro Landín, recibindo o Premio Provincial á Cultura na categoría de Protección e Recuperación do Patrimonio Público.
Finalmente, o premio Diosiño, dotado igual que os anteriores con 3.000 euros, recaerá ex aequo na Banda Artística de Merza, a máis antiga de Galicia; e a Agrupación Musical do Rosal, polo seu labor de integración, difusión e desenvolvemento da música.
Impulso á investigación
No caso dos premios á Investigación 2012, orientados a promover a xeración de coñecemento científico na provincia, os galardoados son científicos e investigadores de Pontevedra (5), Vigo (2) e Lalín (1) e concretamente os premiados son os seguintes:

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
(PREMIADOS EX AEQUO CON 3.000 EUROS)
AUTOR
TRABALLO
Antonio Presas García, de Lalín
Aspectos físicos da conca do río Deza. Unha aproximación á xeografía xeolóxica
Ana María Rodríguez Martín, de  Pontevedra
El Hospicio de Pontevedra. 1853 – 1903


NOVOS INVESTIGADORES: NOVAS TECNOLOXÍAS.- 2.000,00 €
AUTOR
TRABALLO
Alejandro Ramos Soto, de Pontevedra
Computación flexible para la mejora de los sistemas de información meteorológica de Galicia.

NOVOS INVESTIGADORES: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 2.000,00 €
AUTOR
TRABALLO
Héctor Lago Almeida, de Vigo
La villa de Vigo y la Guerra de Sucesión (1701 – 1712) ¿Algo más que una batalla?

TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 2.000,00 €
Premio Ex aequo
AUTOR
TRABALLO
Raúl De la Mata Pombo, de Pontevedra
Alternativas de mejora de Pinus pinaster Ait. en la zona interior de Galicia
Ana Sousa Hervés, de Vigo
Síntesis y aplicaciones biomédicas de dendrímeros Gatg. Preparación de micelas PIC.


TESES  DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 2.000,00 €
Premio Ex aequo
AUTOR
TRABALLO
María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, de Pontevedra
Máquinas poéticas y artefactos. Mecánicas del movimiento en la creación artística contemporánea (Actitudes / Utopías)
Jorge Miguel Ayán Vila, de  Pontevedra
Casa, familia y comunidad en la Edad del Hierro del NW









Novos Valores
1º premio: Antía Barba Mariño, pola súa obra S/T
2º premio: Ana María González García por Creciendo entre sueños.

3º premio: María Fernanda Llovo Otero por El regalo mágico del conejito pobre al niño que casi fue príncipe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario