18 de dec. de 2024

A GUARDA

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

  O domingo, 22 de decembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Organizado polo Coro Cantábile, coa colaboración da Deputación de Pontevedra; a parroquia da Asunción de Santa María, e o Concello de A Guarda; este domingo, 22 de decembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de A Guarda, vaise celebrar un Festival de Panxoliñas.

 Nesta edición - na que botaremos de menos a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda - contarase coa participación da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda; Coral Polifónica Vagalume, de Oia; Rondalla Antorcha; Coro Juvenil Adagio; e Coro Cantábile.

 Vai ser unha fermosa oportunidade para compartir e vivir unha tradición do nadal guardés, escoitando as voces dos nosos maiores, e tamén da mocidade e dos máis noviños. E dese xeito desfrutar coas respectivas actuacións de cada unha das formacións corais que interpretarán, entre outras, panxoliñas de Esteban de Cegoña, Mikola Leontovich, José Luis Perales, Crisanto Fernández, Irving Berlín, Bobby Helms, Franz Xaver Gruber, José Feliciano,..., e tamén vilancicos populares de Galicia, Perú, Andalucía e Extremadura. 

 E mesmo haberá oportunidade para que coralistas e público, xunten súas voces para interpretar un coñecido vilancico, cuxas dúas primeiras estrofas dín o seguinte:

  La Virgen se está peinando 

 Entre cortina y cortina 

 Sus cabellos son de oro

 Y el peine de plata fina 


 Pero mira cómo beben los peces en el río 

 Pero mira cómo beben por ver al Dios nacido 

 Beben y beben y vuelven a beber

 Los peces en el río por ver a Dios nacer


 Un vilancico de autoría e orixe descoñecidas, ainda que algúns musicólogos, estiman que ten influencias árabes, e que xurdiu no século XIII, chegando a España nos séculos XV ou XVI.

 En calquer caso, o Festival de Panxoliñas será como unha nadaliña colectiva que nos convida a vivir o nadal dun xeito comunitario, e ao mesmo tempo en familia, sen esquecer que moitas persoas de todo o mundo, ansían que o nadal sexa un preludio da paz - tan necesaria - entre as nacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario