O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE "TRAS UNHA NEFASTA XESTION ECONÓMICO-ADMINISTRATIVA VEN A DESAPARICIÓN DO FERRI"
O transbordador - ou ferri-boat - Santa Rita de Cássia
Foto: Infogauda
Nos
medios de comunicación, saíron fai días unhas declaracións do Sr. Freitas,
Alcalde de A Guarda, sobre a disponibilidade dos novos rexidores da Cámara de
Caminha para renegociar a co noso Concello pola débeda do ferri, que acada a cantidade de DOUS
MILLONS SEISCENTOS MIL (2.600.000 euros) EUROS.
Cada
vez que nos últimos tempos ten saído o tema ferri na prensa, tense falado de
distintas cantidades de débeda, sin que ninguén a nivel municipal en A Guarda,
haxa presentado ningún papel que avale e aclare a situación.
Hai algo moito máis “raro” e “perigoso”, diante dunha cantidade tan grande,
¿Cómo non aparece no apartado de débedas nos presupostos municipais? ¿E
coñecedora a Administración Autonómica e Central sobre esta débeda? ¿A que se
debe o silencio e pasividade do Goberno Municipal do PSOE? ¿Terán medo a asumir
publicamente a nefasta xestión económica e administrativa do séu Goberno?
Sabemos que en distintas etapas se mantiveron xuntanzas entre as dúas
Cámaras Municipais, dos resultados: NADA.
A famosa “entidade” que ía crearse entre os dous pobos para a explotación
do ferri, foi anulada polo Goberno Central, xa que as negociacións e os acordos
entre os dóus países se levaban en Madrid e Lisboa, nunca máis se falou de nada
disto. ¿Cando en Portugal se vendía a area extraída do río Miño, alguén deu
conta o Concello de A Guarda que se facía co diñeiro cobrado?
¿Qué pasou cos famosos 300.000 euros que estaban nunha conta en letras del
tesoro fai anos? ¿Tan dificil e facer
público a xestión económica do Ferri por parte do Concello de A Guarda dende o
ano 1995 a
2.013? Tódolos veciños de A Guarda e Caminha teñen dereito a coñecer tódalas
xestións do Ferri por parte das súas autoridades o longo do tempo.
Nos non queremos poñer en dúbida calquer débeda que se reclame, -se existe-
xa que nos demostra que ata agora o ferri foi rentable, ainda habendo unha
intencionalidade por parte das administracións deixando degradar o servicio,
perda de persoal técnico (motoristas e patróns), ¿Cantos usuarios se perderon
no ferri nos últimos anos?
Se non aparecen as cantidades que se adeudan nos Presupostos Municipais,
podería ser por descoñecemento do Goberno do PSOE, o cal sería unha proba da
ineficacia e auténtico descontrol na xestión municipal por parte do equipo do
Sr. Freitas nestes SEIS (6) ANOS, ou si sabían de que ía o asunto, e non o
reflexaron nas contas, estaríamos diante dunha situación intencionada de
enganar aos veciños ca verdadeira situación económica do Concello.
Se no ano 2.012 as Contas
Municipais pecharon cunha débeda de máis de 1.800.000 EUROS, e aceptamos a
cantidade que reclama Caminha, isto supón que a nefasta xestión do Goberno do
PSOE do Sr. Freitas, deixa un “pufo” de CATRO MILLONS CATROCENTOS MIL
(4.400.000 euros ) EUROS, levando o Concello de A Guarda a unha situación ruinosa, xa que esta
cantidade supón máis do 70% dos Orzamentos Municipais.
Que se sepa, o ferri (o barco), é propiedade de
Caminha, quen o construiu cunha subvención de Bruxelas, o peirao é noso, e os
expendedores de boletería, tamén, a tripulación, é persoal da Cámara. ¿¿terán
isto moi claro algúns dos que fan os números?? Din –os que saben- que no 1995,
posta en marcha do ferri, costou case 800.000 euros ¿dende aquela non se
amortizou nada de nada?
Para que exista unha débeda debe (debera) haber un
documento, contrato ou “algo” que reflexe uns acordos e compromisos por ámbalas
dúas partes. ¿Existe tal documento?
Sería interesante coñecelo para saber os compromisos e dereitos das
partes.
¿Alguén sabe que tipo de acordo se asinou cun
despacho de abogados de Lisboa para a defensa do Concello de A Guarda? ¿Dónde
quedan os “discursos e gabanzas “ do Sr. Freitas e séu séquito sobre as “
maravillas finacieiras da Sra Monserrat Magallanes?
Diante dunha situación tan grave e difícil a nivel
municipal, ¿Por qué non se fan públicos os documentos que “avalan” dita débeda?
¿Son coñecedores os Ministerios de
Facenda e de Asuntos Exteriores desta situación de “DEBEDA EXTERIOR” entre
pobos de distintos países? ¿Existe algún expediente de crédito nos
Departamentos Financieiros do Concello de A Guarda que certifiquen esta
reclamación?
¿¿Non nos pasará como sempre, que cando hai
algunha “chapuzada municipal” a culpa é dos técnicos??.... unhas veces por
embarazo, outras por vacacións, outras por parte dos programas informáticos, e
outras….¡¡quen sabe!!, Según xustifican sempre os membros do Equipo de Goberno
do Sr. Freitas.
A Guarda a 08 de Octubro do 2.013
REXISTRO DE ENTRADA Nº 5.471
DATA DO REXISTRO: 09.10.2013
Beatriz Estévez Álvarez
Nota da Redacción de Infogauda:
Pola súa relación co asunto que aborda o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación no Concello de A Guarda, consideramos de interese, ler o que os nosos colegas de Terra e Mar, informaron oportunamente, e que nos reproducimos en Infogauda.
Nota da Redacción de Infogauda:
Pola súa relación co asunto que aborda o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación no Concello de A Guarda, consideramos de interese, ler o que os nosos colegas de Terra e Mar, informaron oportunamente, e que nos reproducimos en Infogauda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario