21 de out. de 2013

A GUARDA

Tesouros Vivos do Mar
Homenaxe e presentación do documental "Tesouros vivos do mar" de A Guarda
                             
                             
         Baixo Miño Estudios O Rosal 

   O próximo 25 de Outubro ás 20h na Casa dos Alonsos (Praza do Reló - A Guarda) terá lugar o acto de presentación de todo o proxecto de recolla do Patrimonio Marítimo Inmaterial de A Guarda realizado durante este ano.    O acto será tamén unha homenaxe ás persoas portadoras, verdadeiros/as valedores do patrimonio inmaterial marítimo da Guarda, en agradecemento a súa colaboración e transmisión dos seus saberes e oficios ligados ao mar recollidos neste traballo. 
  O próximo día 26 sábado ás 20:30h terá lugar a presentación do filme documental (90min.) no Centro Cultural.
VÍDEO

Ningún comentario:

Publicar un comentario