21 de out. de 2013

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA REITÉRALLE O GOBERNO LOCAL QUE RETIRE AS CONTAS BANCARIAS QUE O CONCELLO TEN NAS ENTIDADES QUE COMERCIALIZARON PARTICIPACIONS PREFERENTES E DÉBEDA SUBORDINADA

Co REXISTRO DE ENTRADA Nº 1470 do 16.03.2012 quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, presentou unha MOCION,  que textualmente decía o seguinte:
Dende  fai meses centos de galegos/as estánse movilizando o coñecer a realidade dalgúns productos que estaban comercializando as entidades bancarias, fundamentalmente as caixas de aforro, que se poñían no mercado con bastante opacidade dado o risco que enxendraban.
Nestes días, os Grupos Políticos con representación no Parlamento Galego veñen de poñerse dacordo para instar a Xunta de Galicia a promover solucións para os case 100.000 galegos atrapados nesta maraña financieira, fundamentalmente naquelas que logo viñeron a dar no Nova Galicia-Banco, buscando alternativas para que poidan recuperar o diñeiro depositado.
Asimesmo, tamén de maneira conxunta instan ao Banco de España e a Comisión Nacional de Valores a dar as autorizacións necesarias as entidades bancarias para facilitar esas medidas que ofrezan unha solución que signifique a “recuperación íntegra da inversión”
Por todo o exposto:
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación se procede a seguinte MOCION,
O Concello de A Guarda, en solidariedade cos veciños afectados polas “preferentes” e namentras as administracións e as entidades financieiras implicadas, retira de maneira inmediata as contas bancarias ata que den unha solución axeitada a este problema.
O Concello de A Guarda, solicitará a Mancomunidade de Concellos do Baixo Miño para que ela mesma e os concellos membros asuman a mesma medida.
Tanto na Comisión de Asuntos Plenarios como denantes do Pleno, se propuso a súa retirada en aras de unha MOCION CONXUNTA sobre o mesmo tema a cal foi aprobada por unanimidade, xa que  algúns Portavoces, plantexaron a “legalidade” ou non da mesma.
Tendo en conta, que nestes momentos, aqueles que tiñan dúbidas sobre a proposta, xa o teñen claro, pois están presentando e apoiando esta proposta noutras localidades, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar de novo a mesma MOCION para o vindeiro Pleno.

                               A Guarda, a 16 de Octubro do 2.013

Rexistro de Entrada nº 5.652
Data de Rexistro: 17-10-2.013

                      Beatriz Estévez Álvarez

Concelleira de CONVERXENCIA GALEGA


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario