DEPUTACIÓN PON EN MARCHA CURSOS DE FORMACIÓN PARA PERSOAL DOS CONCELLOS
EN O PORRIÑO, PONTEAREAS, TUI E NIGRÁN
· Desenvolveranse nos meses de outubro e novembro
· O Plan de Formación da Administración Provincial inclúe
tamén cursos on line e semipresenciais
A Deputación de Pontevedra pon en marcha varios cursos de
formación continua para persoal da administración local en varios puntos da
provincia.
Na zona sur, estas accións formativas impartiranse nos
concellos de O Porriño, Ponteareas, Tui e Nigrán durante os meses de outubro e
novembro.
O primeiro deles dará comezo o 14 de outubro e
estenderase ata o día 22 do mesmo mes. Desenvolverase en xornada de tarde os
luns, martes e mércores e centrarase na E-administración:
certificado dixital, DNI dixital, factura electrónica e administración
telemática.
O día 28 dará comezo unha nova actividade formativa sobre
Microsoft Access 2010, que se
impartirá no concello de Tui ata o 5 de novembro, tamén en xornada de tarde de
luns a mércores.
Nigrán acollerá o curso Microsoft Excel 2010 entre o 11 e o 20 de novembro de luns a martes
entre as 16,30 horas e as 20,40 horas e O Porriño unhas xornadas formativas
sobre Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria, que se
desenvovlerá de luns a xoves do 18 ao 26 de novembro.
Trátase de cursos subvencionados polo Instituto Nacional
de Administración Pública (INAP) que forman parte do Plan Integrado de
Formación orientado á mellora continua da capacitación e dos coñecementos do
persoal da administración local, co obxectivo de garantir o mellor servizo aos
cidadáns.
Ademais destes cursos, impártense outros en diferentes
puntos da provincia e, tamén, 12 cursos online e 4 semipresenciais coa parte
presencial en Pontevedra.
Entre as materias que abordan no conxunto de accións
formativas programadas para toda a provincia están: a xestión de ingresos
públicos na facenda local; información e atención ao público; actualización de
coñecementos sobre diferentes leis e normativas; programas informáticos
(AutoCad, Paquete Office…); recursos humanos; seguridade e saúde laboral;
contratos no sector público; tramitación de expedientes; administración
electrónica; transparencia e bo goberno; prácticas ambientais; novos métodos de
diagnose e identificación de bacterias fitopatóxenas, manexo de praguicidas e
tratamentos fitosanitarios; nóminas e seguridade social; o procedemento
administrativo común; redacción de documentos administrativos; tráfico e
seguridade viaria; venta ambulante….
Os cursos van orientados ao persoal da administración local
de todos os concellos da provincia que se adheriron a el (58 en total), entre
os que se atopan todos os das comarcas de Baixo Miño, O Condado, A Paradanta,
así como Mos, O Porriño, Baiona, Nigrán, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén,
Fornelos de Montes, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario