14 de set. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 13 Sep 2013 03:00 PM PDT
DSCF2110
As actuacións de maquinaria pesada no perímetro de protección da Ponte Romana de Mañufe esperta preocupación entre os veciños de Gondomar. Nomeadamente sinalan a construción dun obradoiro e os desprazamentos de terra que están a ter lugar a poucos metros deste ben patrimonial protexido, por mor das obras de saneamento. Se ben a alcaldía anunciou hai un ano que o proxecto non afectará a súa estrutura nin o antigo lavadoiro soterrado na beira sur do río Miñor, témese pola pegada que esta obra poida deixar cara a unha futura rehabilitación da ponte, xa comprometida pola Deputación de Pontevedra.

 
Posted: 13 Sep 2013 08:16 AM PDT
pleno gondomar set 2013
O equipo de goberno de Gondomar deberá baixarse o soldo un 50%. A moción de urxencia aprobada no pleno de onte a petición do concelleiro Eladio Costas foi aprobada cos votos dos grupos da oposición. A petición do PSOE os cartos destinaranse a emerxencias sociais. Nesta redución tamén entran as partidas que a oposición cobra pola asistencia aos plenos.

 
Posted: 13 Sep 2013 08:48 AM PDT
zapato de baile latino mujer rojo treyshop05
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" ofrece un curso de bailes latinos que se celebran no seu local social (pranta baixa da escola infantil de Chandebrito, na Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos venres de 17.30 a 18.30 h. Os interesados/as poden informarse no teléfono núm. 667380223 ou no correo-e chandebrito1807@gmail.com .

 
Posted: 13 Sep 2013 08:43 AM PDT
local-parada-do-minor
O Centro Cultural Parada do Miñor abre un período de inscricións para un conxunto de cursos e obradoiros que terá lugar no seu local

 
Posted: 13 Sep 2013 12:27 AM PDT
Treito do programa do PP en 2009 coas referencias as axudas aos medios
Nova remesa de cartos. Aínda que o leit motiv gobernamental é, dende hai anos, a escaseza de orzamentos e, xunto a el, a necesidade de garantir a eficiencia de "cada euro" investido, así como a "transparencia" da xestión da cousa pública, a Xunta mantense firme nunha práctica que os gabinetes de Manuel Fraga converteron en piar fundamental da súa xestión, que o bipartito non eliminou e que Feijóo segue a practicar con intensidade malia prometer, como PSdeG e BNG, que a eliminaría. As achegas de cartos ás principais empresas de comunicación do país sen que medie concurso público son unha constante. As últimas superan os 500.000 euros en apenas catro meses.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario