AS OFICINAS DE TURISMO DE PONTEVEDRA REXISTRARON MÁIS DE 265.000 TURISTAS
DURANTE A ETAPA ESTIVAL
·
O 75%
dos visitantes foron españois chegados de Madrid, Castela e Andalucía; mentres
que un 25% foron estranxeiros, sobre todo portugueses, franceses e orientais.
As oficinas de turismo da
provincia de Pontevedra rexistraron un total de 265.275 turistas no presente
verán, unha cifra lixeiramente superior á rexistrada o pasado ano, que rondou
os 248.000. Os datos foron extraídos das 43 oficinas de Pontevedra que a
Deputación tivo abertas durante os 3 meses da etapa estival.
Perfil do turista
Cunha media de 2.947 persoas cada
día, os datos amosan que o 75% dos visitantes que se achegaron para demandar
todo tipo de información eran de procedencia nacional (maioritariamente
procedentes de Madrid, Asturias, Castela e León e Andalucía), e o 25%
estranxeiros, sobre todo con nacionalidade portuguesa, francesa e italiana,
aínda que tamén se rexistrou unha significativa presenza de visitantes do
continente oriental.
Entre os motivos para achegarse á
provincia están presentes tanto guías ou Internet (35%), clima e paisaxe (30%),
o Camiño de Santiago (15%), a gastronomía (15%) ou familia ou os amigos (5%).
Os que se decidiron polo destino Rías Baixas o fixeron movidos por cultura e
ocio nun 45%, e paisaxe e natureza un 35%.
Os datos tamén reflicten que a
idade media do visitante das oficinas foi de 35-60 anos; o xeito de viaxar foi
dun 39% en parella, 29% en familia, e un 20% con amigos; e a estancia media declarada
de 1 semana.
En canto ao tipo de aloxamento un
45% descansou en hotel; un 19% en albergue, e o 25% eran turistas de paso. Para
desprazarse, un 61% decantouse polo emprego do autobús, e un 25% o seu propio
vehículo.
Volume de visitantes
•No Salnés: Armenteira (12.202), O Grove
(20.423), Sanxenxo (10.385), Cambados (5.684), Vilagarcía (5.311), A Illa
(4.302)
•En
Pontevedra: oficiña de TRB 9.136; Pontevedra (Casa da Luz, Plaza
España e Vialia) 17.461; Poio, 7.089
•No Morrazo: Cangas, 15.756; Marín, 2.759,
Bueu 2.855
•Zona de Vigo: Baiona, 25.388; Nigrán
5.189; e Arcade 2.879
•Baixo Miño: Tui, 20.335, A Guarda
2.480, Oia 1.867
•Caldas, Ulla-Umia: Caldas, 1.991,
Cuntis 366
•Deza, Tabeirós, Montes: Silleda, 2.879,
Lalín 750, Estrada 472
Atención personalizada
As 43 oficinas estiveron
atendidas por 56 bolseiros e bolseiras,
dos cales 20 posuían un contrato de un ano como principal novidade; 16 cun
contrato de 6 meses; e outras 20 persoas contratadas por tres meses. Todos eles
ofreceron información práctica, consellos e formas de disfrutar de todos os
recursos da provincia do xeito máis satisfactorio posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario