11 de set. de 2013

A GUARDA

A ASOCIACIÓN MOVEMENTO SINDICAL 1º DE MAIO FAI PÚBLICA Á PROBLEMÁTICA EXISTENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL 



Esta asociación (en tramitación a súa constitución) composta maioritariamente por persoas vinculadas (en activo, xubilados e ex-afiliados) das diferentes entidades sindicais existentes na nosa bisbarra.
Levamos tempo recibindo información e comentarios por  parte de traballadores municipais, sobre a problemática existente co persoal de limpeza no Pavillón Municipal, xa que, en primeiro lugar, están recibindo órdenes e nalgúns momentos, reclamacións e críticas sobre o séu traballo por parte dunha persoa allea o Concello, e según as súas averiguacións, sin ningunha vinculación directiva cas entidades que fan uso de ditas instalacións.
Así mesmo, tamén se está dando a situación de que despois dos adestramentos, o estado en que quedan os vestiarios, e lamentable, xa que material e productos de hixiene corporal, así como tamén calzado e vestimenta, quedan espallados por tódalas partes.
Diante desta stuación, consideramos que dende a Alcaldía, e das Concellalías de Persoal e de Deportes se deben tomar as medidas oportunas , a fin de que as instalacións queden co séu material recollido, para que se poidan levar a cabo as operacións de limpeza.
Así mesmo, creemos  que dende o Concello se deben dar as órdenes oportunas para que nas instalacións deportivas municipais, e máis neste caso, donde polas mañáns os alumnos/as da Sangriña, se atopan os lúns cunha boa colección de latas de cerveza, bebida, que en caso de permitirse o séu expendio, debe facerse un vasos plásticos, a fin de evitar que nun momento dado “alguén” a lance o terreo de xogo a poida ferir a calquer xogador ou nunha trifulca, a un espectador.

A Guarda, a 11 de setembro do 2.013



           Eloi Gómez Mariño


Rexistro de entrada nº 4909
Fecha de rexistro 11set. 2013

Manuel Lomba, 5 baixo (36780) A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario