II SUBIDA MONTE ALOIA – ROMARÍA DAS ANGUSTIAS
O vindeiro sábado día 6 as 20.00 h. celebrarase a II Romaría das Angustias, unha camiñada cun percorrido de 10 quilómetros dende o Paseo da Corredoira ata a capela de San Xiao, pasando polo barrio de Riomuiños, Seixal, os muíños de Tripes, Frinxo, a senda botánica ata coroar o cume do monte Aloia.
O remate celebrarase unha cea e festa rachada a carón da capela de San Xiao.
Tras da cea farase a entrega de premios do II concurso fotográfico da Andainatudense.
Finalizadas as actividades previstas, a baixada do Monte Aloia correrá de conta dos participantes, se ben é posible tamén acampar na zona habilitada ó efecto no propio Monte.
Tamén é posible participar só na cea.
Prezo: 9€ por adulto e 5€ para menores de 14 anos
Data límite de inscrición: vindeiro mércores 3 de xullo.
Organiza o club Andatui-regodapedra ca colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui.
Toda información en: www.andatui.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario