29 de xuño de 2013

CULTURA

O FESTICLOWN MULTISEDE CHEGA A LUGO A 1ª SEMANA DE XULLO



A próxima semana darase a coñecer a programación diaria.
Presentámosvos os cursos que ofreceremos este ano. Están abertas as inscricións con que non hai tempo que perder.

CURSO DE MAXIA CÓMICA

Impartido por Pablo Muñoz (Toledo) – foto no externo
Datas: 6 de xullo de 2013
Duración: 8 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 h e de 16.30h a 20.30h
Idioma: español.
Número máximo de alumnos/as: 15 (non se require experiencia previa)
Prezo: 60 € 
Máis info: www.festiclown.org

CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN

Impartido por Fran Rei (Lugo) 
Data: 7 de xullo de 2013
Duración: 8 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.30 h
Idioma: galego.
Número máximo de alumnos/as: 15 (non require experiencia previa)
Prezo: 30 € *
Desconto: descontarase o 15% en caso de facer os 2 cursos
Máis info: www.festiclown.org

INSCRICIÓN E PAGAMENTO
A inscrición para os cursos do Festiclown 2.0 Multisede Lugo realizarase por estricta orde de ingreso bancario.
O prazo de inscrición e pagamento remata o venres 5 de xullo de 2013. 
*Desconto: no caso de realizar os dous cursos, aplicarase un desconto do 15%. Prezo total: 75 €.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
1º Ingresar o importe total do/s curso/s solicitado/s no número de conta de la Caixa 2100 4333 11 0200025292 da Asociación Cultural Amig@s de Clown ata o 2 de xullo de 2013, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solici­tante deste/s.
2º É preciso enviar o comprobante do ingreso por fax ao número 981 575 699 ou ben por correo electrónico ao enderezo info@festiclown.org, asegurándose de que figuran o/s nome/s do/s curso/s e o nome e os apelidos da persoa solicitante así como os datos de contacto.
3º Chamar ao número de teléfono 981 582 836 ou enviar correo electrónico a info@festiclown.org para confirmar a inscrición.

Máis info: www.festiclown.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario