30 de xuño de 2013

A GUARDA / O ROSAL

PROXECTO CONXUNTO DE PAVILLON DEPORTIVO A GUARDA-O ROSAL  


O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN NOS CONCELLOS DE A GUARDA E O ROSAL
        

    Unha das grandes deficencias na nosa zona, é de instalacións cubertas para a práctica deportiva, diante da cantidade de clubes e entidades que os precisan en condicións medianamente aceptables.
A presencia de equipos na élite galega e española, fai que as condicións dos mesmos sexan cada vez máis esixentes o que recorta as posibilidades de uso para outras actividades deportivas que precisan instalacións similares, como o ven reflexando o desenrrolo do balonmán en ámbolos dóus concellos, cando actúan nas máximas categorías estatais.
Os medios de comunicación e a propia administración autonómica, veñen reflexando a relentización e/ou desaparición dos polígonos industriais en moitos puntos de Galicia, e entre eles o que habían diseñado en conxunto para os dous concellos, no lugar de O Viso.
Diante desta situación, e diante da necesidade de non ter que seguir facendo duplicidade de servicios e instalacións para uso e disfrute dos practicantes e aficionados de diversos deportes que precisan pistas específicas e instalacións cubertas, ademais das características climáticas que aconsellan instalacións pechadas para moitas das actividades que se desenrrolan nos nosos pobos, dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que se deben aunar esforzos por parte dos Concellos de A Guarda e O Rosal, a fin de conquerir unhas instalacións conxuntas modernas e polivalentes para a práctica deportiva na nosa zona.
Por todo o anterior, CONVERXENCIA GALEGA, ven a presentar diante dos dous concellos para o séu debate e aprobación si procede da seguinte moción:
a).- O Concello de O Rosal, solicitará a participación do Concello de A Guarda para levar a cabo os trámites pertinentes diante da Administración Autonómica, a fin de proceder as modificacións que se precisen para que teña encaixe urbanístico nos terreos sinalados como Parque Industrial de O Viso, nos lindes entre ámbolos dóus concellos e se poda levar a cabo a construcción dunha instalación polivalente, moderna e axeitada as necesidades actuais para a práctica deportiva.
b).- O Concello de O Rosal, solicitará a participación do Concello de A Guarda para levar a cabo trámites pertinentes diante da Administración Autonómica e da Deputación Provincial a fin de conseguir as vías de finanzamento necesarias para convertir en realidade esta idea que é unha necesidade cara o futuro dos diversos deportes que precisan este tipo de instalacións.

O Rosal /A Guarda,  a 27 de xuño de 2.013


  Rexistro Municipal do Concello de A Guarda nº 3559 do 27.06.2013
Rexistro Municipal do Concello de O Rosal nº 2.621 do 28.06.2013


      Beatriz Estévez Álvarez


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Rosal
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario