15 de abr. de 2013

DEPORTES

SLALOM

OS TEIXUGOS GAÑAN A 3ª COMPETICIÓN GALEGA DE SLÁLOM

        Osteixugos

Rosa Fernández / Mondariz Balneario

Este domingo o Club Deportivo Miño -Teixugos volveu de novo ao campo de Slálom de Mondariz Balneario para disputar a terceira e penúltima das competicións galegas de slálom olímpico.
 As condicións do río eran excelentes grazas as chuvias caídas, e o tempo tamén se puxo do lado dos organizadores cunha espléndida e soleada mañá de primavera. 
Participaron os sete equipos galegos, nas categorías cadete, júnior e sénior. Os Teixugos levaron a 10 deportistas, moitos dos cales dobraron nas categorías de kaiak e canoa. 
O medalleiro do club quedou da seguinte maneira: Andrea González acadou unha medalla de ouro en K1 júnior muller, Brais Castro foi prata en C1 e bronce en K1 home cadete, Manuel Ochoa prata en K1 e bronce en C1 home cadete, Marina Ruedas bronce en K1 muller júnior e Laura Alonso bronce en C1 muller sénior.
 Na clasificación final por clubs quedou primeiro o Club Deportivo Miño con 186 puntos, seguido de preto polo Club Tea de Mondariz con 180 puntos e no terceiro lugar a Escola Municipal de Piragüismo de Dumbría con 118 puntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario