23 de mar. de 2013

MOVEMENTOS SOCIAIS

A carraxe das preferentes bate contra a blindaxe do PP
Os afectados, nas inmediacións do recinto de Silleda © @A3Galicia

Son centos que representan a ducias de milleiros. Marchan por case todo o país para expresar a súa carraxe alí onde se celebra un acto político, xa sexa un pleno municipal, unha sesión parlamentaria ou un evento do partido gobernante en Galicia e no Estado, o mesmo que vén de escribir no BOE que van perder arredor da metade dos seus aforros. As persoas afectadas polas participacións preferentes -sobre todo de Novagalicia Banco pero tamén do agoniante Banco Gallego- estaban convocadas na mañá deste sábado en Pontevedra ante o congreso provincial do PP, que ironicamente se ía celebrar no centro social Novacaixagalicia da capital provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario