O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA NO CONCELLO DE A GUARDA SOLICITAN QUE DOUS FUNCIONARIOS DEVOLVAN CASE 8.000 EUROS
BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ,
Representante de CONVERXENCIA GALEGA no Padroado Municipal Monte de Santa
Trega,
E X P O N:
Dende o 09 de Febreiro do 2.012,
ata o 11 de Marzo do 2.013, o Padroado Municipal Monte de Santa Trega, non tivo
ningunha actividade ca participación dos séu membros, polo que consideramos,
que se incumpliron os Estatutos do mesmo Padroado (moi cuestionados sobre a súa
legalidade e validez), así como tampouco, os distintos acordos tomados o longo
do tempo, entre eles, a entrega da documentación nún plazo non superior os dez
días despois de cada xuntanza, e a convocatoria de Plenario como mínimo cada
tres meses,
Unha ollada as datas das dúas
xuntanzas, plantexa que pasaron 13 meses, 13 meses sen facer nada, sen
actividade, sen ningunha función administrativa.
Sen entrar a falar do que
perciben de maneira extra, falamos de funcionarios con salarios de máis de 50
mil e 39 mil euros respectivamente.
Ante o exposto, está claro que
dito Organísmo Municipal, non ten operatividade, pero, si que para algún
“empregados” “funcionarios” si tivo contraprestación económica, sin facer nada,
se abonaron os diñeiros públicos, que nos non consideramos xustificados con
ningún tipo de traballo, a isto, debemos engadirlle que non estamos falando de
persoas de grupos baixos, con moi boa remuneración municipal.
Por elo,
S O L I C I T A M O S:
Que os FUNCIONARIOS (neste caso DOUS) un , 5.065,00 e outro, 2.850 euros que percibiron en conxunto, unha cantidade case 8.000 Euros regalados,
por unha actividade non desenrrolada o longo do ano, procedan a DEVOLUCION dese
diñeiro cobrado.
A Guarda, a 18 de marzo do 2.013
Beatriz Estevez Alvarez
Sr. PRESIDENTE DO PADROADO
MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario