Carta dunha amiga a Senlheiro
María Rua
A mente fuxiu a máis de 500 quilómetros do corpo
o corpo rachou a chorar enrriba dun manto baleiro
e ialma estoupou de tanta carraxe contida.
As mans tremían e o estómago mesturaba bile con refugallo e virara nun saco de cemento.
O Google Maps non soubo levarme ao teu destino.
A Constitución Española dixo estar de vacacións.
Nacións Unidas non se podía pór ao teléfono porque aínda andaba leada co de apoiar ou non aos rebeldes Sirios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario