Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo
© Compromiso por Galicia
Esta luns faleceu en Ourense José Domingo Posada González. Empresario e enólogo, foi presidente de Caixa Ourense entre os anos 1984 e 1987 e a partir de dos anos noventa centrou a súa actividade no Marron Glacé un produto para o que foi quen de abrir mercados en todo o mundo. Tamén se dedicou á política e a través de Coalición Galega foi eurodeputado en dúas ocasións: 1993-94 e 1999.
No Parlamento europeo foi o primeiro deputado en empregar o galego de forma oficial na cámara, a través da norma portuguesa, unha práctica que despois realizaron de forma habitual Camilo Nogueira e Ana Miranda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario