A PROBLEMÁTICA DO TRÁFEGO RODADO NA RÚA MALTESES, A DEBATE NA RADIO GALEGA
Vista parcial da Rúa Malteses, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O martes día 15 de xaneiro, arredor das 11:00 h., na Radio Galega, falarase en directo da problemática do tráfego rodado na Rúa Malteses, de A Guarda. Dese xeito, os accidentes que teñen acontecido cáseque a diario, os destrozos que producen os automóveis, os perigos para persoas maiores e tamén para os máis noviños, serán abordados desde á unidade móbil que se achegará ata esa zoa, para informar en vivo i en directo á audiencia do programa "Galicia por diante", que dirixe Kiko Novoa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario