26 de xan. de 2013

CULTURA

RAFAEL LOUZÁN PRESIDIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO  “EL CONVENTO DE LAS BENEDICTINAS DE A GUARDA,1558-1984”, DE JOAQUÍN MIGUEL VILLA ÁLVAREZ

- Este sábado, día 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda será presentada esa obra magnífica na que se reflicten 450 anos de historia do vencello das Bieitas á vila guardesa


Reportaxe fotográfica: Yael Domínguez Chávez

Infogauda / Pontevedra

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada, Ana Isabel Vázquez, asistiron  na tarde do venres día 25 de xaneiro, á presentación do libro "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984", da autoría do historiador guardés, Joaquín Miguel Villa Álvarez, que tivo lugar no Salón de actos do Sexto Edificio, do Museo de Pontevedra. O evento cultural contou tamén coa presenza da Abadesa do Mosteiro da Transfiguración do Señor, Sor Isabel Vicente Rey; o Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, Ermelindo Portela Silva; o Doutor en Historia Contemporánea, e autor do libro, Joaquín Miguel Villa Álvarez; así como o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, entre outras representacións, con ampla presenza de persoalidades naturais de A Guarda.
A presentación, coas correspondentes intervencións, de varios compoñentes da mesa presidencial do acto, foi seguida con moito interese polo público asistente, salientando á presenza dunha representación de monxas bieitas - Sor Pilar Barbazán, Sor María Virtudes Platas, Sor María Jesús Sotelo e Sor Dolores Romera - do convento de San Vicente de Trasmañó. Estivo tamén o director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle Pérez; os pais, esposa e outros familiares directos de Joaquín Miguel Villa Álvarez; o Xuiz de Paz de A Guarda, Antonio Martínez Vicente; o ex-concelleiro e investigador de temas locales, Celso Rodríguez Fariñas; así como persoas interesadas pola Cultura, que non quixeron perderse tan importante acto e unha vez rematado o mesmo, achegarse o documentado, e arduamente traballado, libro de Joaquín Miguel Villa Álvarez, que o autor soubo adicar á lembranza do coengo e historiador guardés, Juan Domínguez Fontela (1869-1942).
Á PRESENTACIÓN NA VILA DE A GUARDA SERÁ ESTE SÁBADO, NO CENTRO CULTURAL
Como xa temos informado, este sábado, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, terá lugar o acto de presentación do libro "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984" - que contou coa colaboura da deputación de Pontevedra -  no que se reflicten 450 anos de vencello da comunidade de monxas da Orde de San Bieito co pobo de A Guarda. Trátase dunha obra fundamental, imprescindible, se queremos achegarnos a unha boa parte, interesantísima, da Historia do pobo guardés, moi ben investigada e redactada, desde á fundación do mosteiro no século XVI ata cáseque finais do século XX. Polo tanto, o acto de presentación deste libro, froito da vontade da Comunidade Bieita do Mosteiro da Transfiguración do Señor de publica-lo, xunto coa labor investigadora de Joaquín Miguel Villa Álvarez e a colaboura da Deputación de Pontevedra; debera ser - estamos seguros que vai a se-lo - motivo suficiente para que tódalas persoas que poidan asistan a ese evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario