12 de dec. de 2012

GALICIA

O BNG apoiando a concentración de "Queremos Galego" contra o Decreto da Vergoña 
TELEBNG
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, expresou hoxe o seu desexo "porque hai que dar espazo á esperanza, que tralas múltiples sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Feijóo cambie de posición e pase a potenciar a lingua galega no ensino". 


Guillerme participou esta mañá, canda una ampla representación do BNG, na concentración da plataforma Queremos Galego diante da sede central da Xunta en San Caetano para demandarlle ao Goberno de Feijóo que derrogue o chamado "Decreto da Vergoña", que relega aínda máis á lingua galega no ensino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario