12 de dec. de 2012

A GUARDA

O BNG leva ao Parlamento español as deficiencias no balizamento do ferri

O BNG asegura que "existe preocupación no sector pola falta de seguridade que está a provocar accidentes entre os pescadores do río Miño”

Infogauda / A Guarda
 A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa no Parlamento español sobre o deterioro do balizamento na canle do ferri A Guarda-Caminha que volveu provocar un novo accidente o pasado mes de novembro.
A deputada nacionalista advertiu ao Goberno español que o deficiente estado de balizamento xa foi denunciado polo BNG ante o accidente ocorrido hai apenas dous anos. Asemade, a propia Comandancia Naval do Miño recoñece esta preocupante situación en resposta aos requerimentos que o BNG realizou por escrito.
Ante a preocupante falta de seguridade no tramo da canle do ferri, que xa leva provocado dous accidentes graves, o BNG solicita unha maior dilixencia para resolver esta situación que está afectando á seguridade e integridade físicas dos pescadores do ría Miño.
Asemade, dende o BNG quere que se aclare o papel da Comandancia Naval do Miño na Comisión Permanente Internacional do río Miño -dado que preside a delegación española nesta comisión- para mellorar a sinalización e o deterioro do balizamento da canle do ferri A Guarda-Caminha.
Para o BNG o abandono por parte das Administración española deste tramo ro río Miño é un paso máis cara “un anunciado fin” do servizo do ferri A Guarda-Caminha que pode acabar por ter un alto custe en vidas humanas se non se lle pon remedio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario