- Galicia decide o seu futuro: comezou a campaña do 21-O no Val Miñor.
- A relación epistolar Cunqueiro - Casal: un intercambio de intelixencias, soidades e amizade.
- Teatro do Morcego representa ‘Os patios da memoria’ no auditorio Lois Tobío este venres
Posted: 04 Oct 2012 05:26 PM PDT
Ás 0 horas deste venres 5 de outubro deu comezo oficialmente a campaña cara ás eleccións do 21 de outubro en Galicia. Unha contenda electoral que chega con case 260 mil parados na autonomía e 4.592 na bisbarra do Val Miñor. A partir de hoxe centos de mitins se desenvolverán por parte dos partidos políticos co xeito de convencer á cidadanía dos proxectos que pensan desenvolver co seu voto nos vindeiros catro anos. No Val Miñor, a campaña do 21-0 comezou coa tradicional pegada de carteis e colocación de pancartas nas rúas.
|
Posted: 04 Oct 2012 02:25 PM PDT
"Querido Alberto: Me llegan noticias de que estás enfermo: ayer intenté hablar con Vigo, a la mañana, pero el trato de ferias monopolizaba el teléfono. ¿Cómo estás, qué pasa? ¿Y cuándo sale de tu silencio una carta para mí?" (Mondoñedo, Outubro de 1959). A relación epistolar entre o escritor Álvaro Cunqueiro -autor das liñas que preceden- e o notario Alberto Casal -o destinatario-, agora recollida na obra Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), nos permitirá gozar coa lectura deste intercambio de "intelixencias", así como descubrir "a biografía interior de Cunqueiro", como adianta o seu fillo César no prólogo da mesma .
|
Posted: 04 Oct 2012 02:17 PM PDT
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario