O CGAC INAUGURA MAÑÁ Á EXPOSICIÓN GRAVITY & Disgrace
CGAC / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición
GRAVITY & Disgrace
que terá lugar o vindeiro venres 13 de xullo de 2012, ás 20 h
Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace parte do principio da inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa. Así, as obras que se presentan neste evento, que se desdobra en momentos expositivos, editoriais e de reflexión teñen a súa raíz en prácticas que cuestionan as condicións contemporáneas de construción social, e contrapoñen á idea de equilibrio e harmonía as máis proficuas interrogacións sobre o fracaso en canto proceso, a fluidez contextual como ferramenta crítica e a revisión das aporías do modernismo como elemento fundamental dunha comprensión máis ampla do presente. Neste segundo episodio preséntanse obras da colección do centro.
CGAC
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Ramón del Valle Inclán s/n 15704 Santiago de Compostela
cgac@xunta.es / www.cgac.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario