12 de xul. de 2012

O ROSAL

EXPOSICIÓN DE PINTURA
   na LIGA DE AMIGOS (O ROSAL)
               Milagros Castro e Pilar Álvarez                                               



Infogauda / O Rosal

Coincidindo coa Feira do Viño do Rosal e posteriormente coas festas patronais do concello rosaleiro, os días 13, 14 e 15; 24 e 25 de xullo de 2012, o Salón de Exposicións da Sociedade Liga de Amigos, de O Rosal acollerá unha mostra conxunta de dúas mulleres - Milagros Castro e Pilar Álvarez - que ademáis dos seus quefaceres cotiáns, logran sacar tempo para adicarse vocacionalmente á pintura. 
Mila Castro presenta 17 obras (óleos, acuarelas e acrílicos), así como suxerentes colares de busitería e pintura en tela.
Pili Álvarez, amosa 14 obras, todas elas pintadas ao óleo, tanto sobre lenzo como sobre táboa, combinando óleo e técnica mixta.
As dúas pintoras amósannos unha grande variedade temática (flores, paisaxes, froitas, figuras,...), que con certeza van ser do agrado de tódalas persoas que acudan a visitar esta exposición.
A exposición abrirase mañá venres, día 13 de xullo, desde ás 17:00 h. e poderase visitar ata ás 22:00 h. ese día e o sábado día 14. 
O domingo, día 15 de xullo, os horarios serán os seguintes: De 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h.
Asemade a mostra poderá visitarse o día 24 de xullo, de 17:00  a 22:00 h. e o día 25 de xullo, de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario