18 de xul. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO POLA SUCIEDADE EXISTENTE NO PASEO DE PORTUGAL

Fai moito tempo, que veciños e usuarios da Avenida de Portugal, viñan reclamando pola cantidade de basura acumulada nas beirarrúas, especialmente nas entradas das fincas alí ubicadas, pois consideraban que esas zonas non eran limpadas ca frecuencia que se debería.
As reclamacións verbais que nalgúns momentos fixeron cara os concelleiros do equipo de goberno, así como tamén a algúns empregados municipais, non deron resultado, e os vasos, bolsas, briks, servilletas, anacos de revistas e periódicos, seguiron acumulándose nestes espacios, e moitas veces invadindo as leiras, moitas delas deixadas a monte.
Nestes momentos en que outra administración procedeu a limpeza dos bordillos das cunetas e zonas de acceso as leiras, o espectáculo fala moito do estado de abandono e deixadez do Goberno Municipal,  especialmente cara as persoas que acceden A Guarda vía ferri, xa sendo peregrinos ou turistas que proceden de Portugal ou entran no país por esa vía.





Tamén temos que sinalar que non estamos a falar dunha avenida secundaria en canto a volumen de circulación, por ademais do anteriormente sinalado, por ela acude os usuarios dunha boa parte das nosas praias, así como tamén as instalacións deportivas.
Non “casa” moi ben o ser un lugar de excelencia turística e outras distincións para que logo nos arredores dos centros de ensino e campo de futbol e piscina municipal, den unha imaxe deplorable, así como tamén para aqueles veciños de A Guarda e concellos próximos que fan uso do tanatorio ubicado nesta zona.
Nosas autoridades non poder aludir o descoñecemento desta situación, pois é unha estrada usada senón a diario, si varias veces a semana polo Sr. Alcalde para dirixirse a súa vivenda, pois non sempre usa a Circunvalación.
Ainda a forza de ser repetitivos e cansinos, seguimos reiterando que unha imaxe vale máis que mil palabras, e o que está a vista non necesita demostración.
Por todo o anterior, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar a que corresponda ou o Concelleiro que leve esa función, que imparta as órdenes oportunas para que da maneira máis rápida posible, se proceda a levar a cabo a limpeza desta zona, para que non sigamos dando unha imaxe tan fea a aquelas personas que nos visitan.

  
A Guarda, a 18 de xullo do 2.012



Beatriz Estévez Álvarez


Ningún comentario:

Publicar un comentario