22 de xuño de 2012

A GUARDA



¿DONDE ESTÁ O PLAN XERAL DE ORDENACION URBANA?

En data do sábado 21 de abril, nos medios de comunicación, a bombo e platillo e por boca do Sr. Alcalde se publicaban noticias como:
"A Guarda llevará a pleno el Plan Xeral para su aprobación inicial en el plazo de dos meses"
Nesta mesma información se decía que neses días a "(...) empresa Consultora Galega, lo entregó esta semana al Concello después de estudiar y conciliar las modificaciones indicadas con anterioridad por la Xunta de Galicia".
A realidade é que foi solicitado o acceso a dito documento por parte deste Grupo Político, e a resposta que se recibiu foi contraria a o que o Sr. Alcalde había dito nos medios, xa que a contestación foi que se habían detectado varios defectos e despois de arranxalos, se tiña que remitir de novo a Xunta, polo que estaban mentindo con respecto ao que facía poucas datas falaban na prensa.
 ¿Cómo se pode falar dun proceso aberto e participativo a tódolos sectores locais, e malamente é coñecido por unha parte que non todo o equipo de goberno municipal?
 As declaracións do Sr. Alcalde de que A Guarda precisa un P.X.O.U. “pero aprobado por unanimidade” así, sen maís, cos ollos pechados, xa que nestas datas, ningún grupo da oposición coñece o documento, pero ademais, tamén e descoñecido para as distintas asociacións de veciños e diversos sectores económicos guardeses.
O acontecer diario no Concello, donde o discursos van por un lado e a realidade por outro, o tema do Plan Xeral, o igual que outros, como Ferri, Vados, Débeda Municipal, Impagos de Concesións como a Estación Marítima, Obras inacabadas que xa foron abonadas, e outras situacións a cada cal máis grave, parez o conto de nunca acabar, xa que están crecendo os ananos a unha velocidade descomunal, xa que ainda non saímos dunha, xa nos veñen enriba un par delas máis. Hoxe, cando se cumplen os DOUS (2) MESES das declaracións do Sr. Alcalde, temos que facer público que todo quedou en “fume de xaruto” porque nada se sabe dese gran documento no que según él, os equipos técnicos e xurídicos  do Concello colaboran activamente cos redactores e ca Xunta que é a responsable última da aprobación do documento final para “blindar un proxecto consensuado que concilie suxerencias  e requerimentos de ámbalas dúas administracións”. 
Sr. Alcalde, unha das administracións a que fai referencia é a local, e por esa banda é por donde se está fallando, pois por eiquí é por donde se descoñece o documento e é por donde non se está buscando o consenso, ainda que se está facendo declaracións rimbombantes que non levan a ningunha conclusión. 

A Guarda, a 22 de xuño do  2.012 

Celso R. Fariñas

Ningún comentario:

Publicar un comentario