22 de xuño de 2012

A GUARDA


O BNG denuncia na Guarda a discriminación do Club G.D. Miño polo goberno municipal do PSOE

Esta actuación non é digna dun goberno democrático, parece máis a manobra doutros tempos”
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito solicitando explicacións sobre a situación que está a pasar o Club G.D. Miño de fútbol, cun retraso no cobro da subvención correspondente ao ano 2.011. Asemade, solicitou a relación de entidades que cobraron as subvencións do ano 2.011 e 2.012.
O BNG considera que estamos ante un caso de discriminación sobre outras entidades deportivas e culturais que xa cobraron dita subvención. Segundo fontes consultadas polo BNG, mentres o Miño tiña sen cobrar o ano 2011 había entidades que xa cobraran o ano 2.012.
Para o BNG é inadmisíbel que medio ano despois de vencer o 2011 este equipo de fútbol infantil teña que estar pendente de cobrar a subvención, cando debería estar cobrando a do ano 2.012. As subvencións a entidades deportivas e culturais van incluídas nos orzamentos de cada ano, especificando a partida que lle corresponde a cada un.
“O Alcalde non debe facer diferenzas entre clubes e entidades culturais. Un Alcalde está para solucionar problemas, non para xeralos. Agora O Miño poderá ao máis importante, o fútbol” afirmou Xan Lois Lombaportavoz municipal do BNG.
O BNG insta ao Alcalde da Guarda a que tome as medidas para que non se volva repitir semellante discriminación con ningunha entidade deportiva e cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario