22 de xuño de 2012

A GUARDA


CONVERXENCIA GALEGA CONSIDERA URXENTE Á

ADQUISICIÓN DE UN DETECTOR/MEDIDOR DE GASES TÓXICOS

As informacións recollidas no día de hoxe, sinalan que nesta madrugada, o Grupo Municipal de Intervención Rápida, (GRUMIR) de A Guarda, tivo que actuar nos edificios dos arredores da Alameda, trala chamada de alarma por un posible escape de gas, no que estiveron presentes dende a media noite ata máis das 2,30 da madrugada.

A actuación do GRUMIR, conlevou a ter que chamar tamén o equipo de bombeiros con base en O Porriño, dado as deficiencias que de equipamento e vestimenta disfruta dita agrupación, xa que de botas regulamentarias, roupa, guantes, cascos, etc., fai bastante tempo que non reciben reemplazo, ainda que se sigue solicitando subvencións da administración autonómica para este tipo de dotación.
Pouco ou nada poden facer no reparto do servicio, cos séus respectivos descansos, cando o equipo somentes está composto de tres persoas, e ainda non se sabe cando se van a incorporar os demais componentes da brigada, xa que non se ten información cando virán as subvencións.
Consideramos, e cada vez máis, dado que tódolos edificios novos teñen instalacións de gas, que é unha urxencia a adquisición de un Detector/Medidor de Gases como ferramenta imprescindible do GRUMIR de A Guarda, co financiamento polo vía que sexa, e tendo en conta que algunha agrupación de voluntarios de localidades veciñas disponen deste implemento dende fai bastantes datas.

 A Guarda, a 21 de xuño do 2.012
  

Celso R. Fariñas

Ningún comentario:

Publicar un comentario