22 de xuño de 2012

A GUARDA

O CARTAZ DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2012 XA PODE OLLARSE POLA VILA


Infogauda / A Guarda

Desde esta mesma semana, en que escomenzaron a espalla-los polos establecementos comerciais, os cartazes das Festas do Monte Santa Trega, 2012 xa poden ollarse en diversos lugares da vila de A Guarda. 
O cartaz da 99ª edición das Festas do Monte Santa Trega, reproduce unha fermosísima fotografía, da autoría do fotógrafo guardés, Santiago Baz Lomba, que foi tomada desde o Pico do Facho, no Monte Santa Trega, e na que destacan de xeito especial, o porto de A Guarda e algúns dos barrios guardeses, como A Cruzada, Mazaracos, Ribadavila, ...
Desde Infogauda saudamos a nova asociación organizadora das Festas do Monte Santa Trega, e dámoslles os parabens pola acertada elección da fotografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario