23 de xuño de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 22 Jun 2012 05:09 AM PDT
FogueiraCoa celebración da IV Fogueira dos Versos este sábado 23 de xuño Espazo Lectura pechará unha tempada dificilmente igualable na historia da cultura e a dinamización lectora da bisbarra. A xuntanza comezará as 21 horas na Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas), e a asociación convida a cativos e maiores a achegarse cuns versos para lelos á luz das fogueiras. Logo dunha cea compartida, haberá música e un espectáculo de maxia á media noite.

 
Posted: 22 Jun 2012 03:07 PM PDT
aula-verde-cee-juan-mariaO Centro de Educación Especial Juan María de Parada albergou onte venres a derradeira xornada do proxecto Aula Verde na Escola. Trátase dun programa que a empresa Teixugos leva impartindo nos últimos anos nos centros educativos do municipio. Estes obradoiros, plantexados como xogos de educación medioambiental para os nenos e nenas de Nigrán, tratan diversos ámbitos dentro da protección e coidado medio ambiental do noso entorno.

 
Posted: 22 Jun 2012 02:43 PM PDT
festival-medieval-ceip-da-cUn festival medieval pechou o presente curso académico no CEIP da Cruz, en Camos, materia na que os alumnos deste centro levan traballando todo ano: os castelos e as distintas construcións arquitectónicas, os cabaleiros, a liñaxe vinculada aos escudos e os distintos estamentos sociais desa época da historia foron algunhas das cousas na que estiveron a investigar e aprender os nenos do colexio de Camos. Ademais das actuacións habituais e as graduacións dos pequenos que deixan infantil e primaria, pola tarde alumnos, profesores, pais, nais a familiares, deron o derradeiro adeus ao curso ataviados con traxes medievais.

 
Posted: 22 Jun 2012 02:24 PM PDT
certame-conde-gondomar-3-O tradicional certame literario escolar de Gondomar organizado polo Concello de Gondomar coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos pechou este martes 19 de xuño, coa entrega de premios na súa décima edición.
-Os gañadores foron obsequiados cun cheque en metálico para consumir no comercio local de Gondomar

 
Posted: 22 Jun 2012 03:44 AM PDT
pachi-vazquezPachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE, reuniuse onte ás 19:30 horas, coas asociacións de gandeiros e cabalos de monte do Val Miñor para tratar a problemática do microchip, así como a situación dos curros da bisbarra. A xuntanza tivo lugar no Centro Neural de Gondomar. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario