22 de xuño de 2012

A GUARDA

LIMPEZA SUBMARINA DO PORTO DE A GUARDA

Sábado 30 de xuño de 2012


O vindeiro sábado 30 de xuño, o Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda organiza unha limpeza submarina que dará
comezo ás 16:00 h.
Para desenrolar esta actividade é necesario a colaboración de mergulladores voluntarios, que terán que inscribirse ao teléfono 986 610 307 ou 986 358 109.
Animádevos a botar unha man e a participar nesta xornada de limpeza do medio mariño.
O traballo no mar
Os mergulladores son os encargados de examinar e de percorrer o fondo do mar na procura de lixo, artes de pesca abandonadas, neumáticos... e de todos aqueles elementos e residuos que deben de ser retirados do medio mariño.
Unha vez localizados, son amarrados con un gancho e un cabo que no outro extremo leva unha boia e que permanece na superficie marcando a súa posición. Tamén se empregan outros pequenos residuos.
A continuación, a flota de barcos de apoio, formada por embarcacións de pesca pertencentes a diversos estamentos da administración, entran na zona localizan as boias, recollen os cabos e izan a bordo os residuos e o lixo que localizaron e amarraron os mergulladores.
Todo o lixo recollido lévase a porto, e é descargado coa axuda do personal de apoio e traballo en terra. Estas persoas son as encargadas de seleccionar os residuos e de depositalos en contedores segundo o tipo de material.
Un segundo equipo de participantes é o encargado de realizar as labores de recollida e recuperación de fauna mariña, principalmente invertebrados, que chegan adheridos ao lixo que foi retirado do mar.
Todos estes organismos mariños son introducidos temporalmente nun acuario, no cal, tanto o público coma os participantes na limpeza os poden observar e coñecer. Cóntase cun equipo de monitores e de material de estudio e divulgación (lupas, láminas, libros...) para amosar e explicar diversos aspectos da bioloxía destes animais.
Posteriormente, todos estes animais que foron recollidos e recuperados dos residuos extraídos na limpeza son devoltos ao seu medio. Esta é unha das accións máis importantes e que máis chama a atención entre os participantes, público e medios de comunicación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario