1 de abr. de 2012

A GUARDA


ESQUERDA UNIDA PROPÓN Á UNIFICACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMPOSANCOS


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

UNIFICACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMPOSANCOS

Fronte a entrada do club de tenis Codesal o Concello ten un equipo de medida de alumeado público,  a escasos metros ten outro no lateral da casa de Granada.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Que o Concello faga a unificación do alumeado público na zona do Codesal, ante a empresa suministradora de enerxía, dando unha póliza de baixa.
Que faga os cambios na instalación eléctrica  co persoal do Concello.
  

A Guarda a 02 de abril do ano 2012

Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario