10 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN SOLICITARLLE Á CONSELLERÍA DE CULTURA QUE O CUNCO MILLEFIORI SEXA TRASLADADO O MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA


Din que cando os invitados acuden a nosa casa, procuramos expoñer o mellor que temos, para que se volva a dar esa visita. Cando un pobo como o noso, presume da cantidade de persoas que acuden a nos e levamos a cabo campañas para que eso siga sendo así, usando como bandeira internacional o Monte de Santa Trega, debemos procurar que podamos ofertar o mellor e importante que temos.

Non podemos quedar somentes en slogans e frases grandilocuentes, senon que temos que exercer día a día para aumentar en cantidade, pero tamén en calidade.

Todo o anterior ven a palestra, porque dende fai moito tempo –cicais demasiado- dende as páxina do xornal para o que colaboura, Ricardo Rodríguez Vicente, ven expoñendo e reivindicando que se den os pasos necesarios a fin de que o Cunco “Millefiori”, para que esa (e tamén outras pezas espalladas por outros museos) retornen o séu lugar donde foron atopados.

Consideramos que estamos nun momento sumamente importante, cando o Concello e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega van a dar inicio os actos conmemorativos do Centenario da fundación da “SOCIEDAD PRO-MONTE SANTA TECLA”, a entidade social que trasnformou a sociedade guardesa, a que posibilitou que o Trega se convertira nunha referencia turística, que promoveu as excavacións e que creou o Museo cos achádegos atopados nelas., que creou as festas de máis renome no Baixo Miño.

Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que é o momento de dar inicio a recuperación dos distintos elementos atopados no Monte de Santa Trega, escomenzado polo Cunco “MILLEFIORI”, polo que vimos a presentar para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:

O Padroado Municipal Monte de Santa Trega acorda dar inicio os trámites necesarios a fin de solicitar da CONSELLERIA DE CULTURA para que o CUNCO “MILLEFIORI” sexa trasladado o Museo Arqueolóxico do Monte de Santa Trega

O Padroado Municipal do Monte de Santa Trega ACORDA solicitar do séu Presidente, para que en calidade de PRESIDENTE do Concello de A Guarda, de traslado o Pleno Municipal a fin de que éste tamén se posicione apoiando esta reivindicación diante de dita Consellería.

A Guarda, a 7 de marzo do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Presidente do Padroado Municipal do Monte de Santa Trega (A Guarda)

Ningún comentario:

Publicar un comentario