10 de mar. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA O "TOTAL OSCURANTISMO" NO PROXECTO DE DISTRIBUCIÓN DE GAS NATURAL

Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Que o pasado día 25 de febreiro, en que nos apersonamos no Concello ca intención de poder ver e coñecer o Expediente que está en exposición pública según resolución do 07 de febreiro da Dirección Xeral de Industria, do PROXECTO DE AUTORIZACION ADMINISTRATIVA PARA DISTRIBUCION DE GAS NATURAL no Concello de A Guarda. Promovido por GAS GALICIA. Todo o tema (ainda que non ten nín número nin data do rexistro o documento que está colgado no taboleiro) estaría moi ben, pero no concello non hai (o menos iso é o que dín) ningún documento nin copia do proxecto.

O Concello en data do 28 de febreiro e R/S nº 513, ben a corroborar o interésque ten polo tema, o que QUEIRA MIRALO QUE VAI A PONTEVEDRA ( é o sitio máis cerca, o outro, na Consellería en Santiago)

Este preámbulo, ven a demostrar a falta de interés do Equipo, por un asunto, o igual que outros de suma importancia que afectan A Guarda, o normal, é que eles xa tiveran solicitado unha copia do proxecto de instalación de Gas Natural que pretende levar a cabo a empresa GAS GALICIA, para trasladarllo aos demais grupos políticos, pero fundamentalmente aos veciños. ¿van facer a obra sen pedir licencia municipal?

A nosa dúbida e inquierude máis grande, é que no proxecto presentado por GAS GALICIA, ésta pretende instalar unha estación de bombeo na zona do barrio de A Gándara, sin que se coñezan o lugar exacto da instalación, o tipo de servicio que vai prestar, medidas de seguridade, proximidade as vivendas, etc., non se sabe nada de nada. TOTAL OBSCURANTISMO, ¡quien te ha visto y quien te vé! Debería ser a frase máis axeitada para algún concelleiro do equipo de goberno, que noutros momentos (estando na oposición) xa hubera convocado un feixe de reunións para falar cos da asociación e presentado centos de alegacións, pero agora tócalle calar.

Por desgracia, o que temos é un goberno municipal que fai deixadez das súa funcións administrativas e de goberno máis básicas. Está claro, hai que ter memoria, fai uns anos falouse deste tema, a reacción foi distinta, ¿porqué? Daquela era oposición, hoxe son goberno, xa chegará o momento de botarlle a culpa o Goberno, o tempo, ou o primeiro que pase por alí, ¡calqueira, menos eles! Pero logo, cando se enteiren os afectados, xa non haberá arranxo, as obras xa estarán feitas e ¡aquí paz e arriba, gloria!

A Guarda, a 03 de marzo do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Ningún comentario:

Publicar un comentario