17 e 18 de Decembro
8ª FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA
O Excmo. Concello de Arzúa e Coper@ctiva Cultural presentarán o próximo martes 13 de decembro ás 12 horas, no Telecentro de comunicación de Arzúa sito no Edificio multiusos, na rúa de Lugo nº 47, á 8ª Feira Ecolóxica de Arzúa, que se celebrará os días 17 e 18 de outubro no Recinto Feiral da mesma localidade (rúa Travesía da Feira s/n).
Intervirán: o alcalde do Excmo. Concello de Arzúa, José Luís García López, a concelleira de Medio Ambiente do dito municipio, Natalia Pereira Rey e o responsable de organización do festival, Manuel Vicente.

Arzúa converterase de novo nun grande mercado verde onde se darán cita perto de medio cento de expositores/as de produtos ecolóxicos, mediciñas alternativas, colectivos sociais, postos de artesanía...
Ademais, un amplo catálogo de actividades entre as que se inclúen obradoiros formativos, exposicións, charlas, teatro unha ampla programación infantil..., desenvolverase parello á feira para lograr unha maior implicación social coa ecoloxía e o medio ambiente.
Actividades para todos os públicos que, un ano máis, converten Arzúa no epicentro ecolóxico galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario