10 de dec. de 2011

A GUARDA

A CANTAUTORA MARÍA JOSÉ BAZ ACTUARÁ NO CELTIC
- A actuación será o venres 23 de decembro, a medianoite


Infogauda / A Guarda



María José Baz Martínez. Voz e guitarra. Música en directo. Esas son as propostas que á dirección da cervexaría, restaurante e tapería The Celtic Harp - Rúa do Porto, nº 35 - de A Guarda, nos ofrece como limiar do vindeiro Nadal, o vindeiro día 23 de decembro, á medianoite. A entrada é totalmente libre.

Con unha morea de actuacións desde os 12 anos de edade, María José Baz Martínez, cantautora guardesa, presentou seu primeiro disco - "Crepúsculo Mental" -, no Centro Cultural de A Guarda. Desde entón, ademáis de actuacións en festivais, ten participado en programas de radio e televisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario