21 de out. de 2011

VILA NOVA DE CERVEIRA

O FESTIVAL DE CINEMA GALEGO E PORTUGUÉS FILMINHO ORGANIZA UNHA SESIÓN DE POESÍA ADICADA A ELISEO ALONSO


A sesión está organiza xunto coa asociación cerveirense Porta xiii




Natalia Jorge / Vila Nova de Cerveira


Eu son aquele, un tal E.A.

Que rolou, amou, soñou, sofreu

Polos perdidos e non atopados,

Polos esquecidos e nunca lembrados

Que aboian na fumaza das pipas, bebedeiras e amarelas madrugadas.”


Así comeza un dos últimos versos que Eliseo Alonso ou Seito de Goián escribiu coa súa vella máquina de escribir. Catro foron os poemarios Cantos de Cotovía (1950), Seara de Romances (1952), Tiempo y camino (1974) e A fronteira comunicante (2000). A infancia, a terra, a paixase, a emigración, retorno, América, enfrontamento coa morte son temas profundos que trata no seu poemario. Falamos dunha traxectoria como poeta cos seus inicios e a súa madurez. Pola importancia que tivo a súa poesía na súa traxectoria profesional e pola pegada profunda que existe nela do seu Goián natal o Festival de cinema galego e portugués Filminho xunto coa Asociación de poesía Porta xiii recuperan o poemario deste poeta raiano. O vindeiro sábado día 22 de outubro ás 17h00 (galegas) no local Porta xiii amigos e amigas de Eliseo Alonso recitarán os seus versos nun lugar ao que ademáis o propio autor tiña especial afecto xa que era propiedade dun amigo. O acto que terá lugar o sábado non pretende ser unha homenaxe senón tan só unha reunión de amigos e amigas ás voltas coa poesía do Seito de Goián. O evento estará conducido pola profesora goianesa Helena Pousa e contará con recital de poesía no que intervirán poetas da talla de María Xosé Queizán, Marta Dacosta e Marga do Val e de amigos e amigas galegos e portugueses. Ademáis a músico Esperanza Vázquez porá voz e piano ao poema “O vello capitán”. Finalmente a Alcaldesa de Tomiño , Sandra González, e a filla e herdeira do legado do poeta, Alicia Alonso, porán o broche final a un acto que agardamos que sexa íntimo e emotivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario