21 de out. de 2011

VILA NOVA DE CERVEIRA

A ROMERÍA TOMIÑESA DO LANZO DA CRUZ PROTAGONIZA UN DOCUMENTAL TRANSFRONTEIRIZO


O filme estrearase o vindeiro 22 de outubro no auditorio de Vila Nova de Cerveira




Infogauda / Vila Nova de Cerveira




A romería Lanzo da Cruz que se celebra tódolos luns de Pascoa na parroquia tomiñesa de Sobrada, ven de ser a protagonista dun documental con tintes transfronteirizos.


O Lanzo da Cruz é unha romería moi antiga que en tempos se celebraba en tódalas terras baixomiñotas e que na actualidade tan só existe no barrio do Torrón. As súas xentes orgullosas de conservar tan lonxevo evento acuden cada luns de Pascoa ás marxes do Miño acompañadas polo párroco que bendice as augas co fin de que sexa abundante a pesca. Este ritual vense facendo dende tempos inmemoriais e a día de hoxe constitúe un elemento fundamental da tradición e da historia do Torrón. Polo seu carácter antropolóxico e polas particularidades que desenvolve un grupo de producción audiovisual formado polo portugués André Martins e a galega Natalia Jorge, decidiron hai xa dous anos que era hora de mostrar ao mundo a riqueza patrimonial do Torrón. Para elo decidiron transimitir o vello ritual dos lances do cruz nun documental no que o lanzo da cruz e as xentes do Torrón coa súa cultura son os verdadeiros protagonistas.


É un traballo transfronteirizo que fala dun feito coas mesmas carácterísiticas pero narra sobre todo a advocación dos tomiñeses ao río, da superstición, da pesca, da lamprea e da impronta que esta deixou nas economías e na mentalidade das xentes. É un documental que reflexiona sobre a tradición, sobre as causas e as pegadas da presencia do río nas xentes, de ata qué punto a pesca influiu nas súas vidas e como queda patentizado no lanzo da cruz. O filme leva por título o Lanzo das Imaxes e ronda os 50 minutos estando grabado en alta definición. Convina entrevistas cunha rica narración a medias en galego e a medias en portugués. A súa vida está destinada a percorrer festivais nacionais e internacionais existindo unha versión en inglés.


A productora Natalia Jorge destaca o “carácter antropolóxico da cinta que convina o formato de documental clásico co do autor. De feito o director e eu mesma nos introducimos na propia película como dous actores máis. É un documental moi personal cun guión feito de forma conxunta con André na que ambos mostramos dúas perspectivas moi distintas. A visión de André é a dunha persoa allea a tradición que aterriza no lanzo da miña man. E a miña imaxe é dunha persoa involucrada directamente na romería. Son visións opostas e moi enriquecedoras que buscan chegar ao corazón do Torrón mediante unha investigación seria pero ao mesmo tempo cercana.”


André Martins pola súa parte facía fincapé no carácter “transfronteirizo do filme que trata dun tema de unión entre ambas marxes como é o río Miño. Une ou separa, ese pode ser o dilema que no filme patentiza que une dúas marxes distintas pero cun rito en común que comparte e celebran a partes iguais”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario