4 de ago. de 2011

A GUARDA


PRESUNTOS TIMADORES DO BUTANO ANDAN POLA COMARCA DO BAIXO MIÑO


Infogauda / A Guarda



No día de onte, segundo informou a Infogauda unha das fillas da persoa presuntamente timada, uns individuos que o paracer se presentaron como técnicos que fan ás revisións das instalacións domésticas do gas butano, timaron a unha veciña de Baliños (Salcidos), xa que pola súa "intervención" cobráronlle máis de 200,00 euros, importe sensiblemente superior o custe real que lle suporía para calquer usuario, se a revisión lle fose efectuada por persoal - que todos coñecemos, xa que son veciños de A Guarda - pertencentes á empresa suministradora nesta zoa.


Compre ter en conta que o modus operandi dos que se aproveitan da boa fe das persoas, acostuma a cumplir tódalas formalidades legais. É decir, o cliente asina á correspondente autorización para que lle efectúen a revisión da instalación do gas da súa vivenda, e asina igoalmente á conformidade coa factura que o mesmo persoal lle expide nada máis rematar o seu "labor". Ademáis, a factura acostuma ter tódalas formalidades legais (Razón social, C.I.F., enderezo social, teléfono de contacto, etc.). Por todo iso, o presunto timo conta co consentimento da persoa presuntamente timada. En definitiva, hai un presunto abuso da boa fe das persoas, que debe ser denunciado diante das autoridades competentes.


Moralexa: Cando queiramos que nos revisen á instalación do gas, debemos dirixirnos ó noso provedor habitual. Dese xeito, trataremos con persoas que coñecemos, porque son veciños, e con certeza vánnos informar axeitadamente, e cobrarannos o que esté estipulado polas tarifas en vigor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario