5 de out. de 2010

OURENSE

O PRESIDENTE DA DEPUTACION FELICITA A JORGE FERNANDEZ, VALDEORRÉS DESTACADO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE VOLEI

O titular da Deputación, José Luis Baltar, dirixiu unha carta a Jorge Fernández Valcárcel, manifestandolle "a especialísima satisfación que nos está producindo a túa participación no Campionato do Mundo de Voleibol" que se está a celebrar en Italia e no que España está realizando unha excelente competición.
Clasificados para a tercer fase, a selección nacional española atópase xa entre as doce mellores seleccións do mundo.
Entre outras cousas, Baltar engadíu na sua carta, que “ estás facéndonos vibrar coas túas actuacións e sentímonos moi orgullosos de que un ourensán de Valdeorras contribúa decisivamente para levar moi lonxe, ó combinado nacional español, na mais importante competición internacional absoluta”.
O presidente do organismo provincial ,a espera de poder agradecerllo persoalmente, desexalle os mellores éxitos a nivel individual e colectivo.4/09/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario