2 de out. de 2010

A GUARDA

GEMMA MARQUES E DANI ALONSO: UNHA NOVA ETAPA


Infogauda / A Guarda
Os xóvenes artistas Gemma Marqués (Burgos, 1981) e Daniel Alonso (A Guarda, 1978), pintora e escultor, respectivamente, veñen de contraer matrimonio civil. O acto - que foi oficiado polo rexidor local - tivo lugar este sábado ás 13.30 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda e contou coa asistencia das persoas máis achegadas os contraíntes.
Nosos parabens a esta parella, creativa cen por cen, que ten seu fogar na Casa Taller, sita na Rúa Malteses, de A Guarda.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Un feito moi importante, vivan as maruxadas.
O administrador de Infogauda dixo:
Tódalas persoas que leen Infogauda, siquera de cando en vez, saben perfectamente que non acostumamos escreber de temas que ata fai uns anos, nos medios de comunicación social se incruían na sección chamada Ecos de sociedade. Asemade, tampouco temos adicado moitas liñas os obituarios. De tódolos xeitos, coa mesma libertade que o Anónimo remitente, tivo a ben calificar de "maruxadas" á breve información relativa o casamento de dous xóvenes artistas que residen na Rúa Malteses, coidamos que non sería moito pedir, que por parte do remitente Anónimo se respectase que por unha vez, e sen que serva de precedente, pero o mesmo tempo sen renunciar a exercer o dereito a informar en libertade; escribamos de calquer tema que coidemos oportuno, gústelle ou non, o Anónimo remitente, o cal lle agradecemos que lea Infogauda. Siquera de cando en vez.
En todo caso, non imos darlle maior importancia a un comentario, que aínda respectándoo, non o compartimos. Polo tanto damos por zanxado o asunto, especialmente cando neste país hai temas dabondo que nos preocupan bastante máis, e dos cales namentras poidamos, escreberemos. E sobor deses temas, que atinxen a moitos milleiros de cidadáns, convidamos a opinar a calquer lector que o desexe, agradecendo especialmente que as colabouras nos sexan remesadas o enderezo de correo electrónico infogauda@yahoo.es, indicando nome, apelidos, nº de identificación (N.I.F ou N.I.E.), enderezo e teléfono do remitente. E se desexa empregar un seudónimo, non tén máis que indica-lo.
Un cordial saúdo.
INFOGAUDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario