SOTELO PRESENTOU EN TUI AS 9 ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN QUE FORMARÁN A 361 RAPACES EN FÚTBOL, BALONMÁN E PATINAXE
Infogauda / Tui
O deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, presentou onte, no concello de Tui o curso 2010-2011 das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra, que serán un total de 9 no municipio e formarán a un total de 361 rapaces nas modalidades de fútbol, balonmán e patinaxe.
Sotelo salientou a importancia que supón “que deportes coma o balonmán ou a patinaxe rexistren maiores cifras que a propia escola de fútbol, polo que representa en materia de aceptación doutros deportes menos maioritarios”.
Así, explicou, no presente curso desenvolverase 7 escolas de balonmán no concello de Tui que prestarán formación a 150 rapaces, 1 escola de patinaxe que instruirá a 121 nenos e nenas e, por último, 1 escola de fútbol que formará a 90 alumnos no municipio.
O deputado provincial apuntou tamén o incremento, notable, que se acadou este ano posto que “dos 302 nenos e nenas que tomaron parte no pasado curso, incrementouse a cifra en 59, chegando ós 361”.
Importante incremento a nivel provincial
Por último, Sotelo tamén destacou moi favorablemente o incremento de rapaces inscritos nas Escolas da provincia, que se no curso 2007-2008 acadaron un total de 1.600 nenos, repartidos en 41 escolas de catro modalidades (6 de fútbol, 25 de balonmán, 6 de patinaxe e 4 de xudo), no exercicio 2009-2010 acadaron os 6.000 alumnos, distribuidos en 178 escolas onde se imparten 7 modalidades (38 de fútbol, 10 de fútbol sala, 96 de balonmán, 2 de rugby, 24 de patinaxe, 9 de xudo e xadrez on-line).

Ningún comentario:
Publicar un comentario