PRESENTACIÓN DA V FEIRA DO VIÑO DE MONTERREI
Infogauda / Ourense
A V Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei foi presentada hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense, acto que contou coa presenza da secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde de Verín, Juan Antonio Jiménez Morán; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e o presidente do Consello Regulador da D. O. Monterrei, Antonio Méndez.
O evento, no que colabora a Deputación de Ourense e no que participan 12 adegas, constitúe, segundo explicou o alcalde de Verín “unha das máis importantes actividades para a promoción turística da comarca, e por elo temos que apoiala e seguir innovando para potenciar o seu desenvolvemento”.
O evento, no que colabora a Deputación de Ourense e no que participan 12 adegas, constitúe, segundo explicou o alcalde de Verín “unha das máis importantes actividades para a promoción turística da comarca, e por elo temos que apoiala e seguir innovando para potenciar o seu desenvolvemento”.
Pola súa banda, Carmen Pardo explicou que a importancia que está a acadar o “enoturismo” fai que exista “un maridaxe perfecto entre o viño e o turismo de calidade, o cal nós temos que impulsar con novas apostas que relacionen este turismo do viño co turismo rural e co termalismo”. A secretaria xeral enumerou os importantes proxectos que se están a desenvolver neste senso na comarca de Monterrei-Verín, algún dos cales se realizan en colaboración co concello portugués de Chaves. O máis inmediato é o que comezará poñerse en práctica en setembro, como é a sinalización das rutas do viño de Monterrei, “que, sen dúbida, contribuirá a dinamizar turísticamente a comarca”.
A V Feira do Viño de Monterrei celebrarase os días 7 e 8 de agosto, e contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no acto de inauguración, que terá lugar ás 12.00 horas do día 7, na praza de García Barbón, en Verín, tralo cal lerase o pregón a cargo do actor Manuel Manquiña.
Ao longo das dúas xornadas da feira desenvolveranse actividades lúdicas e gastronómicas como catas, demostración de sumillers, sorteos e visitas guiadas, e haberá tamén unha mostra de produtos típicos das denominacións de orixe de Galicia como queixos, mel e lacón, entre outros.
O presuposto deste ano, segundo explicou o presidente do Consello Regulador, ascende a 32.000 euros, para o cal colaboran a Deputación de Ourense, o Inorde, a Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Concello de Verín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario