9 de xuño de 2010

OURENSE

MÁIS DE 100 COCHES DE ÉPOCA PARTICIPAN NO RALLYE DE CLÁSICOS DE OURENSE

Infogauda / Ourense
Máis de 100 automóbiles de época participarán o vindeiro fin de semana na “XVI edición do Rallye de Clásicos de Ourense”, unha proba que conta co patrocinio da Deputación de Ourense e que reúne a nostálxicos e deportista en torno ao mundo do motor.
Na presentaci ón do evento, que tivo lugar hoxe na Deputación de Ourense, o presidente da Escudería Ourense de Clásicos, Gaspar Sierra, dixo que esta é a proba “mais antiga de toda Galicia, fomos os pioneiros, e ano tras ano imos incrementando a participación, porque Ourense é un referente no ámbito das catro rodas”.Plácido Álvarez, vicepresidente da Deputación, afirmou que eventos deste tipo “fan que a provincia de Ourense conte con actividades singulares e dinamizadoras, tanto dende o ámbito social, cultural como económico”, e pediulle aos organizadores que en futuras edicións as probas e os percorridos do rallye pasen polos concellos máis pequenos da provincia, “para que poidan participar tamén dese pulo social que leva consigo o rallye de clásicos”.Como novidade, nesta edición os coches contarán cun localizador GPS que permitirá realizarlles o seguimento durante toda a proba, para comprobar a velocidade á que circulan e o lugar exacto no que se atopan.63 coches deportivos, de entre os anos 1964 a 1978, e 40 automóbiles clásicos, fabricados entre 1913 e 1960, participarán no Rallye, que contará con pilotos de Ourense e Vigo maioritariamente, aos que se unen outros do resto de Galicia e Portugal.A primeira sesión realizarse o sábado entre Celanova e Ourense, para rematar cun xantar no Centro Comercial Ponte Vella. Posteriormente os coches darán un paseo polas rúas de Ourense, e o domingo realizarán a clásica subida a Castro de Beiro “a 30 km/h”, puntualizou Luis Aragonés, “porque non se trata de competir senón de disfrutar”. Ademais, haberá diferentes probas complementarias como son as de fotografía e localización. Por parte do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero dixo que este rallye xera unha importante actividade económica para Ourense, tanto por ser un referente para o sector como polo feito de que mais de 150 persoas participan nel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario