EPISTOLARIO DE VICENTE RISCO A ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ.
Autor de introducción e notas: Joaquim Ventura Ruiz
A Deputación de Ourense edita o libro Epistolario de Vicente Risco Antón Losada Diéguez. O libro será presentado no Pazo de Moldes, no concello de Boborás, dentro do marco da entrega do premio Losada Diéguez.
Presentamos a publicación dun epistolario que está depositado no Pazo de Moldes e que pertence aos fondos do legado de Antón Losada Diéguez. Recolle as cartas orixinais correspondentes ao correo que durante anos mantiveron Antón Losada Diéguez e Vicente Risco. A transcrición das cartas, as notas e a introducción desta publicación foi feita por Joaquim Ventura Ruiz.A publicación deste libro inicia unha colección na Deputación Provincial de Ourense, colección correspondencia, na que pouco a pouco a institución irá publicando outros epistolarios de autores e intelectuais ourensáns como Blanco Amor, Ben-Cho-Shey, Alberto Vilanova ou Pura e Dora Vázquez, cuxos epistolarios están depositados na Biblioteca Provincial.
Presentamos a publicación dun epistolario que está depositado no Pazo de Moldes e que pertence aos fondos do legado de Antón Losada Diéguez. Recolle as cartas orixinais correspondentes ao correo que durante anos mantiveron Antón Losada Diéguez e Vicente Risco. A transcrición das cartas, as notas e a introducción desta publicación foi feita por Joaquim Ventura Ruiz.A publicación deste libro inicia unha colección na Deputación Provincial de Ourense, colección correspondencia, na que pouco a pouco a institución irá publicando outros epistolarios de autores e intelectuais ourensáns como Blanco Amor, Ben-Cho-Shey, Alberto Vilanova ou Pura e Dora Vázquez, cuxos epistolarios están depositados na Biblioteca Provincial.
JOAQUIM VENTURA RUIZ (Barcelona, 1954)
Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa (1993, UB). Doutor en Filoloxía Románica (UB, 1997).Xornalista cultural e crítico literario (colabora en Galicia Hoxe e Faro de Vigo, entroutras publicacións).Traballos relacionados con Vicente Risco:-Tese de doutoramento-El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat d'una generació (apto cum laude por unanimidade), 1997. Universitat de Barcelona (edición microfilmada).
Comunicacions en congresos:
IV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Queen's College, Oxford, 1994). Comunicación: "Oria: cidade e alteridade na narrativa de Vicente Risco". Actas do... (editor John Rutherford). Santiago de Compostela: 1998.
Congreso Vicente Risco (Ourense, 1995). Ponència: "Lingua e identidade en Vicente Risco" (Actas do... Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, 1996).
V Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Universität Trier, RFA, 1997). Comunicación: "A visión ideal dos galegos para o Grupo NÓS". Actas do V Congreso... ed. de D. Kremer, 2000, Universität Trier – Sada, Ediciós do Castro.
II Congreso Internacional "Historia a Debate" (Universidade de Santiago de Compostela e CSIC "Instituto Padre Sarmiento", Santiago de Compostela, 1999). Comunicación: "Globalización e irreversibilidade dos dereitos humanos. Unha perspectiva histórica". Mesa redonda sobre ‘Historia, mito e nacionalismo’: "Vicente Risco, de la mitología a la invención de la Historia". Actas do… Santiago de Compostela, 2000.
Simposio da SELGYC (Universidad de León, 2000) “Vicente Risco, redentor de Joyce: Dedalus en Compostela” (Actas del… Estudios de literatura comparada: norte y sur, la sátira, transferencia y recepción de géneros y formas textuales, coord. J. E. Martínez Fernández, 2002).
“Vicente Risco y la ‘Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal’: ¿divertimento esotérico o proyecto de sociedad secreta?” en Las órdenes militares: realidad e imaginario. Coord. Elena Real, Juan M. Verdegal y María Dolores Burdeos, Castelló de la Plana, Universitat, 2000.VII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Barcelona, 2003. “Bascos a la revista NÓS”, Actas do... (edición en CD y electrónica, 2008).
Publicacións
"Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal", [manuscrito] de Vicente Risco. Edición facsimil: transcripción, notas e estudo crítico. Centro Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela, 1998.
"A literatura galega (1916-1936)" in Galicia Literatura (dir. Anxo Tarrío), Proxecto Galicia, Hércules Edicións, A Coruña (2001).“O nacionalismo kármico de Vicente Risco. Laiovento. Santiago de Compostela (2000). Finalista del Premio Nacional de Ensayo.Vicente Risco: un nacionalismo esotérico para Galiza”. La letteratura galega (I). Revista di Studi Portoghesi e Brasiliani VIII 2006, Pisa-Roma, 2007, Fabrizio Editore.
Cursos impartidos Curs "As vangardas artísticas. A súa presencia en Galicia". "Vicente Risco e as vangardas catalanas: unha recepción para tres estéticas". Fundación Vicente Risco e Centro Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela, 1996.
LUGAR: PAZO DE MOLDES.
CONCELLO DE BOBORÁS
DÍA: 12-06-10
HORA: 12:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario